Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras

O obxectivo principal destas axudas é o reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos. 

O resultado que se pretende acadar é a posta en marcha dun programa de servizos a pemes que, a través de empresas colaboradoras, permita ás pemes executar proxectos de mellora en distintos ámbitos relacionados co seu desenvolvemento estratéxico, profesionalización e innovación.